9/12/12


A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
A linguaxe é o instrumento de comunicación máis importante que posuímos os seres humanos. Pero ademais, o seu axeitado desenvolvemento é decisivo para a organización do pensamento e a acción do neno, para estruturar e regular a súa personalidade e comportamento cos demais, e o principal medio de información e transmisión da cultura.


Por que hai tanta diferenza no desenvolvemento da linguaxe entre uns nenos e outros? 

Que podemos facer na casa para favorecelo?                                                                                                  
María del Prado Bielsa, logopeda e foniatra da Sociedade  Médica Española de Foniatría (SOMEF) di:
"O desenvolvemento  madurativo da linguaxe é moi variable no primeiro ano de vida, todo dentro da normalidade; é aos seis anos cando se considera que os nenos deberían ter adquiridos todos os fonemas, e integrados na súa fala (é dicir, que os pronuncian e os empregan nas palabras correspondentes), e a gramática básica".
Dentro desta enorme variabilidade do desenvolvemento da linguaxe, a foniatra menciona algúns factores que adoitan incidir: "Os antecedentes familiares, é dicir, se houbo na familia nenos que falaron máis tarde"; tamén, confirma, "as nenas xeralmente falan antes". E, cousa curiosa, a alimentación: a pronunciación dos sons "depende moito de se se exercitaron os órganos comendo"; explica: "Hai nenos que toman biberón ou a comida moi pasada ata moi tarde, ata os tres ou catro anos. Adoitan ser máis inmaturos dende o punto de vista da articulación, porque os mesmos movementos que se fan para mastigar se fan para falar".
A doutora explica que dun neno "hai que valorar moitos aspectos: a fonética, o vocabulario, a gramática... Tamén a actitude comunicativa, se se fai entender".
Síntomas de alarma son, por exemplo, que un neno de dous anos non fale nada, en cuxo caso hai que descartar posibles trastornos fisiolóxicos, neurolóxicos ou deficiencias intelectuais. Unha vez descartados, pode tratarse de algo madurativo, e avaliaríase de novo dentro de seis meses. "Se aos tres anos non fala nada, si hai que intervir". En caso de dúbida, é recomendable consultar ao foniatra.
Non cabe dúbida de que o ámbito familiar é o contexto clave, decisivo e insubstituíble para a estimulación e desenvolvemento da linguaxe dos pequenos.

O Departamento de Orientación ofrece algunhas pautas sinxelas que poden axudar aos pais na mellora da linguaxe dos seus fillos e fillas

18/11/12

A MEMORIA

Imaxe da páxina http://cuidadoinfantil.net
   "A memoria é un proceso complexo mediante o cal se almacena información e se desbota outra." Para conseguir almacenar información é necesario a vontade da persoa e que os datos sexan significativos.
 A estimulación temperá por parte dos pais é fundamental, pode realizarse aproximadamente a partir dos tres meses de vida do neno/a. Como? A través de cancións e contos nas primeiras etapas, puzzles, crebacabezas, poemas e xogos dixitais na etapa de primaria e máis adiante coa exposición oral de traballos ou resumos orais de libros de lectura
Hoxe día, existen libros que recompilan xogos para mellorar a memoria e a atención. Neste enlace podedes descargar fichas interesantes e de diversos niveis.


30/10/12

21 CONSELLOS PARA EDUCAR SEN ESTRÉS


Juan Antonio Planas, presidente da Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España (COPOE),  facilita aos pais estas 21 claves para educar aos fillos e fillas sen estrés. Pódelas coñecer amplamente, premendo aquí

  1. Non permitas que o éxito escolar te obsesione.
  2. Pon metas alcanzables e acordes ás características do teu fillo.
  3. O esforzo e a perseveranza son claves para alcanzar metas.
  4. Cos nenos e adolescentes é cuestión de dar progresivamente máis responsabilidade.
  5. Non todos os nenos aprenden do mesmo xeito.
  6. Aproveita calquera momento cotián para abrir a súa mente.
  7. Se o momento de facer os deberes se converteu nun   pesadelo, podes delegar.
  8. Se lle dixeches que o vas castigar e logo non o fas, pensará que non cumpres a túa palabra.
  9. Negociar pódete sacar de moitos apuros.
  10. Relaxa as regras o fin de semana e durante as vacacións.
  11. Non deixes que as pantallas entren no seu cuarto cando son aínda inmaduros.
  12. Non podes librar guerras en todas as frontes.
  13. A casa é de todos pero o seu cuarto é seu.
  14. O aburrimento é un terreo aboado para a creatividade.
  15. Non pretendas que sexan políglotas, artistas e uns "cracks" no deporte.
  16. Es unha gran lectora e desexas ardentemente que os teus fillos tamén o sexan?
  17. Os nenos fíxanse máis no que fas que no que dis.
  18. Ensínalles a afastarse de vós pouco a pouco para evitar que un bo día fuxan de súpeto.
  19. Nunca te anticipes ás súas preguntas e necesidades.
  20. Ofrécelle de cando en vez recompensas de accións ou eloxios en lugar de regalos.
  21. Finalmente, demóstralles o teu cariño por riba de todo.

7/10/12

A axenda escolar: unha ferramenta imprescindible no 3º ciclo



     Cada vez que empezamos un novo curso, aparece entre o material a comprar dos vosos fillos e fillas a axenda. 

Imaxe de cuadernodelmaestro.blogspot.com 
Pero realmente, para que serve a axenda? Pois, é ferramenta de comunicación a tres niveis: familia, escola e alumnado.

  • Para os rapaces supón un paso máis na súa autonomía e organización. Non todos somos iguais de responsables co traballo, por iso apuntar na axenda é fundamental. Que escribimos?
    • o horario,
    • as tarefas,
    • os exames e as notas sacadas, 
    • os traballos a entregar,
    • festivais e saídas.
  • Para os pais e as nais é unha maneira de comunicarse co profesor. Para qué? 
    • pedir cita ao titor,
    • coñecer o horario escolar, 
    • estar ao tanto dos exames e tarefas,
    • ritmo escolar: falta de "deberes", material ou incidencias relacionadas coa atitude.
    • Avisar sobre retrasos, permisos ou ausencias.
  • Para os mestres é unha forma de informar aos pais da marcha escolar do alumnado.Que pode escribir?
    • incidencias na aula.
    • petición de reunión coas familias.
    • notas dos exames.


   A utilización da axenda escolar debería de iniciarse en educación infantil e  ir adquirindo relevancia a medida que medran os rapaces e rapazas.  

13/6/12

O ALUMNADO DE 6º VISITA O IES JOHAN CARBALLEIRA

Eiquí están os maiores do cole o día que fomos de visita ao IES Johan Carballeira. Mirade a cariña que les quedou despois das explicacións que lles deron, tanto o orientador e equipo directivo como os alumnos que fixeron de guías polas distintas dependencias do centro. Pero o mellor chegou ao final, cando disfrutamos do recreo despois de "refrescarnos" na cafetaría.
S0RTE NA NOVA ETAPA




                  Foi estupendo ter compartido con vós 
                                 tantas experiencias !!!


18/5/12

TIC EN FAMILIA

O ordenador, o televisor, a consola, o móbil..., as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) convertéronse en algo habitual no noso día a día. Debido á influencia que estes avances exercen nos menores, a familia enfróntase á necesidade de coñecer e regular o uso das TIC, que proporcionan múltiples beneficios: favorecen as relacións sociais, a aprendizaxe cooperativa, o desenvolvemento das capacidades de creatividade, comunicación e razoamento. Pero tamén hai que ter en conta os posibles problemas que pode causar o seu uso inadecuado, como adicción, illamento, contidos inadecuados e/ou violentos. 
Aquí tedes algúns consellos.




1/4/12

FALAMOS SOBRE HÁBITOS DE ESTUDO

       A cadena La 2 ofrece todo unha serie de programas vistos na televisión. Merece a pena botarlle un vistazo. Achegámosvos este vídeo relacionado coas hábitos de estudo. Premede no enlace para ver o vídeo.




31/3/12

EDUCACIÓN DA MOBILIDADE

A Fundación RACC ofrécenos o Programa RACC Educa, un recurso en liña para traballar a Educación para a Mobilidade, baseada nos valores e hábitos de civismo e convivencia. Consta de diferentes xogos para  nenos e nenas de 8 a 16 anos, con guías didácticas que aportan pautas para docentes, pais e nais.
Ademais de educativo, resulta moi divertido.

                                               http://www.racceduca.es/usuari/demo.php

19/3/12

COÑECE EUROPA

    Para saber un pouquiño máis sobre Europa, deixámosvos este enlace onde atoparedes xogos e actividades para nenos e nenas de distintas idades. Ademáis existe un apartado para profes que tamén poden utilizar as familias. 

Premede nas imaxes para visitar cada apartado.


18/3/12

TÉCNICAS DE ESTUDO


     É fundamental para o estudante ir adquirindo uns bos hábitos e técnicas de estudo. No enlace que vos ofrecemos podedes ler unha presentación relacionadas con este tema. Está pensada para 3º ciclo pero as ideas son aplicables a cursos superiores.
Preme na imaxe para acceder ao material!

 


    Ademais, podedes atopar en youtube pequenos vídeos da web que ofrecen explicacións de diversos temas de xeito moi ameno. Fixádevos.

24/2/12

NUNCA DEIXES DE SOÑAR

      Perseguir un soño por moi difícil que sexa é de valentes, isto é o que demostra un animaliño no corto de Pixar que atopamos. Un kiwi é unha pequena ave que apenas tén ás, pero no vídeo vai demostrar que a pesar diso vai conseguir voar... Se queredes saber a estratexia do kiwi, mirade o vídeo.

22/2/12

MULLERES NA HISTORIA

    A cadena de TVE ofrece unha serie de vídeos de mulleres importantes ao longo da historia: Rosalía de Castro, Clara Campoamor, Juana la loca, e moitas máis. Os vídeos duran aproximadamente uns 50 minutos e vense online.

Hipatia de Alejandría
Rosalía de Castro



20/2/12

COMO DESENVOLVER CONDUTAS RESPONSABLES

 Un dos nosos obxectivos como pais e nais é o de preparar aos fillos e fillas para que aprendan a tomar decisións, libres e persoais, asumindo as consecuencias que derivan delas. Non existe unha fórmula máxica para educar na responsabilidade, pero si uns principios básicos que favorecen o seu desenvolvemento. Este manual dá algunhas pistas moi útiles.

13/2/12

LINGUA DE SIGNOS

    Hai unhas semanas recibimos no cole de A Pedra a Camilo, unha persoa que traballa nunha campaña de sensibilización coas persoas xordas. Se queredes saber algo máis sobre lingua de signos premede aquí. A páxina enlazada consta de varios apartados como cancións e contos adaptados, xogos, dicionarios, ... É moi interesante!!!!!
Atopamos este vídeo da serie Glee. Pareceunos estupendo!!!

12/2/12

ESCOLA DE FAMILIA

A guía práctica "CRECENDO COMO PAIS E NAIS" de Save the Children, ofrece pautas sinxelas que poden axudar aos pais e nais no logro do pleno desenvolvemento dos nenos e nenas e facilitar a convivencia familiar.