Neste curso comezamos un PROGRAMA DE MEDIACIÓN ESCOLAR, no marco dos contratos-programa que se están a desenvolver no noso centro. Trátase dun programa dirixido á mellora da convivencia escolar e abrangue a toda a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado...
Nunha primeira etapa, estase levando a cabo un Obradoiro de Habilidades Sociais co alumnado de 4º nivel. Os venres, despois do recreo, achéganse ao cole Bibiana e Irene que, a través de técnicas como o modelado, xogos de rol, actividades de expresión, dinámicas de grupo, … tratan de proporcionar aos nenos e nenas unha formación básica para o desenvolvemento de habilidades comunicativas, a resolución dialogada dos problemas, e os recursos prácticos necesarios para a mediación en conflitos.
Podedes ver algunhas fotos das diferentes sesións, nas que os rapaces elaboran as normas de convivencia, interactúan, analizan condutas, sentimentos, sempre fomentando a reflexión e o traballo cooperativo.
.