Cada vez que empezamos un novo curso, aparece entre o material a comprar dos vosos fillos e fillas a axenda.
Imaxe de cuadernodelmaestro.blogspot.com |
- Para os rapaces supón un paso máis na súa autonomía e organización. Non todos somos iguais de responsables co traballo, por iso apuntar na axenda é fundamental. Que escribimos?
- o horario,
- as tarefas,
- os exames e as notas sacadas,
- os traballos a entregar,
- festivais e saídas.
- Para os pais e as nais é unha maneira de comunicarse co profesor. Para qué?
- pedir cita ao titor,
- coñecer o horario escolar,
- estar ao tanto dos exames e tarefas,
- ritmo escolar: falta de "deberes", material ou incidencias relacionadas coa atitude.
- Avisar sobre retrasos, permisos ou ausencias.
- Para os mestres é unha forma de informar aos pais da marcha escolar do alumnado.Que pode escribir?
- incidencias na aula.
- petición de reunión coas familias.
- notas dos exames.
A utilización da axenda escolar debería de iniciarse en educación infantil e ir adquirindo relevancia a medida que medran os rapaces e rapazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario