Juan Antonio Planas,
presidente da Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de
España (COPOE), facilita aos pais estas 21 claves para educar aos fillos e fillas sen
estrés. Pódelas coñecer amplamente, premendo aquí
- Non permitas que o éxito escolar te obsesione.
- Pon metas alcanzables e acordes ás características do teu fillo.
- O esforzo e a perseveranza son claves para alcanzar metas.
- Cos nenos e adolescentes é cuestión de dar progresivamente máis responsabilidade.
- Non todos os nenos aprenden do mesmo xeito.
- Aproveita calquera momento cotián para abrir a súa mente.
- Se o momento de facer os deberes se converteu nun pesadelo, podes delegar.
- Se lle dixeches que o vas castigar e logo non o fas, pensará que non cumpres a túa palabra.
- Negociar pódete sacar de moitos apuros.
- Relaxa as regras o fin de semana e durante as vacacións.
- Non deixes que as pantallas entren no seu cuarto cando son aínda inmaduros.
- Non podes librar guerras en todas as frontes.
- A casa é de todos pero o seu cuarto é seu.
- O aburrimento é un terreo aboado para a creatividade.
- Non pretendas que sexan políglotas, artistas e uns "cracks" no deporte.
- Es unha gran lectora e desexas ardentemente que os teus fillos tamén o sexan?
- Os nenos fíxanse máis no que fas que no que dis.
- Ensínalles a afastarse de vós pouco a pouco para evitar que un bo día fuxan de súpeto.
- Nunca te anticipes ás súas preguntas e necesidades.
- Ofrécelle de cando en vez recompensas de accións ou eloxios en lugar de regalos.
- Finalmente, demóstralles o teu cariño por riba de todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario