A ESTIMULACIÓN
DA LINGUAXE
A linguaxe é o
instrumento de comunicación máis importante
que posuímos os seres humanos. Pero ademais, o seu axeitado desenvolvemento é
decisivo para a organización do pensamento e a acción do neno, para estruturar
e regular a súa personalidade e comportamento cos demais, e o principal medio
de información e transmisión da cultura.
Por que hai tanta diferenza no desenvolvemento da linguaxe entre uns nenos e outros?
Que podemos facer na casa para favorecelo?
"O desenvolvemento madurativo da linguaxe é moi variable no
primeiro ano de vida, todo dentro da normalidade; é aos seis anos cando se
considera que os nenos deberían ter adquiridos todos os fonemas, e integrados na súa fala (é
dicir, que os pronuncian e os empregan nas palabras correspondentes), e a gramática básica".
Dentro
desta enorme variabilidade do desenvolvemento da linguaxe, a foniatra menciona
algúns factores que adoitan incidir: "Os
antecedentes familiares, é dicir, se houbo na familia nenos que falaron
máis tarde"; tamén, confirma, "as
nenas xeralmente falan antes". E, cousa curiosa, a alimentación: a pronunciación dos sons "depende
moito de se se exercitaron os órganos comendo"; explica: "Hai
nenos que toman biberón ou a comida moi pasada ata moi tarde, ata os tres ou
catro anos. Adoitan ser máis inmaturos dende o punto de vista da articulación,
porque os mesmos movementos que se fan para mastigar se fan para falar".
A doutora explica que
dun neno "hai que valorar moitos
aspectos: a fonética, o vocabulario, a gramática... Tamén a actitude comunicativa, se se fai entender".
Síntomas de alarma son, por exemplo, que un neno de dous anos
non fale nada, en cuxo caso hai que
descartar posibles trastornos fisiolóxicos, neurolóxicos ou deficiencias
intelectuais. Unha vez descartados, pode tratarse de algo madurativo, e avaliaríase de novo dentro de seis meses. "Se aos tres anos non fala nada, si hai que intervir".
En caso de dúbida, é recomendable
consultar ao foniatra.
Non cabe dúbida de que o ámbito
familiar é o contexto clave, decisivo e insubstituíble para a estimulación e
desenvolvemento da linguaxe dos pequenos.
O Departamento
de Orientación ofrece algunhas pautas sinxelas que poden axudar aos pais na mellora da linguaxe dos seus fillos e fillas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario